CICLO DE OBRADOIROS

Volve no mes de marzo a Escola de Nais e Pais

Esta actividade dará inicio a unha nova edición do programa municipal Escola de Nais e Pais

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense organiza un ciclo de obradoiros formativos que se desenvolveran ao longo de mes de marzo na cidade, dirixidos ás familias. Esta actividade dará inicio a unha nova edición do programa municipal Escola de Nais e Pais, que pretende axudar a proxenitores e educadores no seu labor fundamental na educación dos cativos. O primeiro obradoiro leva por título “As emocións na familia” e consta básicamente de tres bloques: a educación das emocións, a intelixencia emocional e a disciplina positiva. 

A actividade é gratuíta e ofértase a centros educativos e asociacións de nais e pais, que poden solicitar a inscrición para grupos de entre 10 e 25 personas. Tamén é posible anotarse individualmente na Concellería de Sanidade, na rúa Vasco da Ponte, 1, teléfono 988 510 622. Neste caso, os participantes integraranse nalgún dos grupos constituídos. A día de hoxe, xa se constituíron dous grupos, a solicitude dos colexios Divino Maestro e Curros Enríquez.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?