O CONCURSO DE TELEMIÑO

Xigantes reporteiros

20170224165725279_result

Os estudantes de 6º de educación infantil, de franciscanas, déronlle continuidade en Telemiño ao contidos, relacionados co proceso de gravación, traballados recentemente na aula

Esta semana os estudantes de 6º de Educación Infantil, cinco anos, do Colexio Plurilingüe Divina Pastora, Franciscanas, visitaron o estudio de Telemiño para gravar o programa Xornal Escolar.

Nesta ocasión foi a titora de 6º de educación Infantil, María Agudo Fernández, a que se someteu as probas e preguntas dos seus alumnos/as. 

Os estudantes estaban representados por Martina Laso Domínguez, Sergio González Prado, Martín Varela Da Cunha que realizaron un estupendo traballo de presentadores xunto con Conchi Pérez. 

Todos os estudantes do último curso de educación infantil do colexio Plurilingüe Divina Pastora, Franciscanas, realizaron no centro educativo un marabilloso traballo de reporteiros para coñecer as actividades que organizan no centro educativo para conmemorar o entroido.

ADIVIÑAS 
Os estudantes definen un obxecto, acción ou personaxe para dar pistas a súa mestra. Con aterioridade recibiron moi ledos ás cámaras de Telemiño, gravaron os videos das adiviñas no seu centro educativo. Unha actividade moi divertida para estudantes e docentes.

A mestra de educación infantil María Agudo superou con éxito todas as probas .

LA REGIÓN NAS AULASVarios alumnos/as len e debaten sobre diferentes temas do periódico La Región e do suplemento, Xornal Escolar. Unha ferramenta importante para estar informados e traballar contidos do currículo. 

RONDA DE PREGUNTAS
Os co-presentadores exerceron de fabulosos reporteiros e realizaron tres preguntas a súa mestra:

Como elexides de que nos vamos a disfrazar cada ano?
Todos os docentes de educación infantil facemos unha reunión para decidir unha temática da que poidan sair varios disfraces.
Este ano o tema selecionado foi o dos contos clásicos e cada curso elexiu un concreto.

Por que che gusta ser mestra?
Ser mestra é máis que un traballo, é unha vocación que gozo moito. Dende pequena quixen ser docente.

Vaste disfrazar no entroido?
Por suposto e tamén vou facer unha viaxe nas vacacións de entroido.

ALTERNATIVA OCIO
Cada semana podemos ver un sinxelo e divertido obradoiros de reciclaxe para despertar o interese por realizar manualidades no colexio ou en familia.

Esta semana Eladio Gómez, administrador de Sublime Deporte e Cultura, púxonos ao día das alternativas de deportes federados e non federados da provincia de Ourense. Nestas datas destacou a práctica do esquí en Manzaneda. Tamén nos falou de Correndo por Ourense, un circuito de carreiras moi popular para todos os afeccionados ao atletismo. Ourense ten múltiples e variadas opcións para practicar deporte.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma