Desfrutar e compartir momentos lúdicos en grupo resulta do máis froitífero para os escolares
Xogos en equipo e traballos en grupo son habituais neste centro de ensino de Mende. Con elo traballan en valores como o compañeirismo, a xenerosidade, a integración, a paciencia, a vida saudable ou a paciencia, entre moitos outros. Deixar por un momento a un lado os libros e apuntes escolares e adicar un tempo aos xogos é moi positivo. Tamén é importante salientar o interés deste centro por recuperar xogos tradicionais co fin de que non se perdan e que os nenos aprendan a desfrutar na rúa.