COLE A COLE

Xornada de sensacións dispares no CEIP Mestre Vide

Ourense. 12/09/2018. Inicio del curso escolar en primaria en el CEIP Mestre Vide.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Cun gran sorriso, así se presentou este grupo de nenos e nenas no colexio o primeiro día de clase.

As cámaras de Telemiño acudiron ao CEIP Mestre Vide para ser testemuños do primeiro día de clase e coñecer as primeiras sensacións de escolares, profesores e pais tras un longo parón estival

Tras un intenso verán no que o programa “Xornal Escolar” de Telemiño deu paso á súa versión estival “No verán a xogar”, percorrendo toda a provincia de Ourense para compartir cos cativos e cativas os seus momentos máis especiais de lecer, o vindeiro sábado arranca unha nova tempada do programa escolar presentado por Conchi Pérez. A partir das 14.00 horas, comeza o curso escolar do “Xornal Escolar” e como non podía ser doutra maneira o tema central deste programa será a “Volta ao Cole”. As cámaras de Telemiño desprazáronse ata o CEIP Mestre Vide da cidade para compartir cos escolares as súas impresións ante esta nova etapa. 

Conchi entrevistou aos cativos que na súa maioría coincidiron en sinalar que o que máis ilusión lles facía era volver a ver aos seus amigos e coñecer aos novos compañeiros que se incorporaban ao colexio. Tamén estaban palpitantes por saber cales serían os seus profesores este. O lado máis negativo desta volta ás aulas é para moitos o feito de ter que madrugar, pero ben saben que dentro duns días xa estarán habituados e non lles costará tanto levantarse polas mañás ao toque do espertador.

Durante a súa visita ao Mestre Vide, as cámaras de Telemiño tamén quixeron coñecer as primeiras impresións dos profesores que tamén se amosaban algo nerviosos neste día tan especial. Ana, unha profesora en prácticas do centro, que pisa por primeira vez o Mestre Vide para encher cada espazo do centro de ledicia, entusiasmo e moitas ganas de aplicar novos métodos de aprendizaxe, máis dinámicos e divertidos pero igual ou máis efectivos.


SENSACIÓNS DOS PAIS E NAIS


Ademais do profesorado e do alumnado conforman o triángulo da comunidade educativa os pais e nais. Para eles, o primeiro día de clase tamén é especial.Por unha banda están os pais e nais dos cativos de 3 anos, que comezan a súa etapa escolar. É duro separarse por primeira vez, en moitos dos casos, durante horas dos seus fillos, especialmente daqueles nenos e nenas aos que lles costa máis ir ao colexio o primeiro día. Os pais e nais dos maiores xa están acostumados e a sensación é ben diferente. Os que falaron para as cámaras de Telemiño coinciden ao sinalar que é bo para todos voltar á normalidade, xa que eles teñen que traballar despois das vacacións, tamén é preciso que os seus fillos volvan á rutina. No que coinciden as tres partes, profesorado, alumnado e pais e nais, é que son días intensos, cheos de novidades, libros, marterial escolar, compañeiros, actividades extraescolar, pero merece a pena gozar de cada día, estar activo e entusiasmarse con cada novo reto. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar