XORNAL ESCOLAR

O Xornal Escolar máis cinematográfico

20171026170250110_result
photo_camera Minutos antes do inicio do obradoiro de dobraxe no que participaron escolares do IES Blanco Amor.

Un curso de dobraxe, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, entusiasmou aos escolares do Blanco Amor

Esta semana, o programa que presenta Conchi Pérez estará especialmente adicado ao cine. Primeiro coa entrega dos premios do concurso OUFF Escola e tamén incluirá un dos obradoiros organizados ao abeiro do Festival de Cine Internacional de Ourense, concretamente o que se lle adicou á dobraxe.

Conchi e o cámara de Telemiño desprazáronse ao Centro Cultural Marcos Valcárcel para ser testigos dun curso de dobraxe impartido por Suso Pando e Manuel Pombal, consagrados actores da escea galega. Durante a actividade, os expertos se centraron especialmente nos filmes de animación, que tanto lle gustan aos mozos e mozas- 

Con este curso de dobraxe, ademais de aprender os rudimentos da arte da dobraxe, serviu para que os escolares melloren a súa competencia en lingua galega. Durante a pasada semana houbo dous cursos de dobraxe, un para nenos e nenas de Primaria e outro para o alumnado de Secundaria. Deste último evento foron testigos as cámaras do Xornal Escolar que puideron comprobar o interesante que lle resultou a actividade ao público. Esta actividade recollerase este sábado no programa Xornal Escolar, a partir das 14.00 horas.

Latricar

Esta semana a sección "Latricar" do programa Xornal Escolar tamén se adicou ao cine. Conchi Pérez quixo saber que supuña para os escolares participar no concurso do OUFF Escola e as súas impresións sobre este tipo de convocatorias no que o cine é o protagonista.

Axenda

Esta semana, na sección da Axenda do programa de Telemiño, lembrarase a todo o mundo que aínda están a tempo de participar no concurso que convoca Viaqua, IV Certamen Literario “Relatos de auga intelixente”, pensado para escolares con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos, esto é de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar