AULAS ABERTAS

Na mochila e no día a día, fai uso do galego

Esta semana o programa Xornal Escolar, que cada sábado emite Telemiño, xira en torno á celebración do Día das Letras Galegas

Numerosas familias citáronse no Xardín do Posío para homenaxear aos nenos e nenas galegofalantes.
Numerosas familias citáronse no Xardín do Posío para homenaxear aos nenos e nenas galegofalantes.
Na mochila e no día a día, fai uso do galego

O Día das Letras Galegas é esta semana o tema central do programa Xornal Escolar de Telemiño. Esta celebración na que participan cada ano escolares de toda Galicia con diversas actividades está a ser de gran utilidade nos centros de ensino para fomentar o uso do galego. Nesta ocasión, Conchi e o seu equipo desprazáronse á Praza de San Martiño da cidade de As Burgas para ser testemuños da gran festa que organizou a Concellería de Educación do Concello de Ourense. Aproveitaron para conversar cos escolares e que compartiran cos espectadores de Telemiño o que máis lles gusta da celebración e de ser galegos.


Latricar


A sección de “Latricar” desta semana corre a cargo de Hugo Mosquera, un neno de 6º de Primaria do CEIP Amadeo R. Barroso, que falou para o programa do relato que presentou ao concurso organizado pola Concellería de Educación e co que recibiu un dos premios. Quere concienciar da importancia de acabar cos incendios e para elo falou dun transformador de paisaxes.


Augaescola


A sección de Viaqua presenta esta semana unha nova entrega do xogo educativo "Sabías que?", da man de Marian e Santi. A pregunta desta semana é "¿El agua del grifo es pura? Nesta ocasión participaron na actividade escolares do CEIP Manuel Luis Acuña.


Prensa


Esta semana, a sección de Prensa recolle a celebración que acolleu o Xardín do Posío con motivo do Día das Letras Galegas. Tratouse dunha festa moi especial onde se lle rendiu homenaxe aos cativos e cativas que se expresan en galego. "Porque me peta" incluiu maxia, circo, humor, comida e moitas sorpresas durante todo o día.


Alternativa de ocio


Conchi Pérez convida esta semana a levar na mochila o uso do galego e inclúe na última parte do programa un vídeo no que diversos personaxes animan a empregar cada día o galego.