TELEMIÑO - XORNAL ESCOLAR

Visita a Vistahermosa para ver aos novos inquilinos

O programa incluirá tamén un novo xogo en AugaEscola, a entrevista a Anxo Moure e un fantástico plan para este verán

Visita a Vistahermosa para ver aos novos inquilinos

Non vos perdades o Xornal Escolar de Telemiño este sábado. Os nenos e nenas do CEIP Vistahermosa serán especiais protagonistas nesta ocasión pola magnífici iniciativa na que están inmersos. Trátase do estudo dos animáis ovíparos dun xeito prácticos, isto é coa incubadora e todos os coidados que precisan os ovos e posteriormente os poliños. No programa,  seremos testemuños de todo o proceso.

LATRICAR

A sección de “Latricar” corre tamén a cargo do alumnado de Vistahermosa, nesta ocasión de 6º de Primaria, que falou ante as cámaras de Telemiño no que lles proporciona a natureza, o que máis lles gusta dela e o que lles chama a atención. Amosaron contar con moita soltura ante as cámaras e saber moito sobre este tema xa que o seu centro de ensino atópase ubicado nunha zona privilexiada.

AUGAESCOLA

A sección de Viaqua presenta  outra proposta do xogo educativo "Sabías que?", da man de Marian e Santi. A pregunta á que responderon os escolares foi: ¿El agua del grifo es infinita?. Os alumnos do Manuel Luis Acuña e do colexio O Ruxidoiro deron a súa opinión e aportaron distintos razonamentos, eso si antes de que os expertos de Viaqua responderan dun xeito sinxelo, pero máis técnico, á pregunta desta semana.

PRENSA

A sección de Prensa desta semana preséntase en forma de entrevista. Conchi Pérez aproveita o espectáculo da Concellería de Educación "Xinete das árbores", no colexio Irmáns Villar de Ourense para entrevistar ao autor Anxo Moure que profundiza sobre o tema que se lles presentou aos escolares.

ALTERNATIVA DE OCIO

Conchi Pérez convida a apostar este verán por unhas vacacións diferentes, moi cerquiña da casa, pero inesquecibles. Trátase do Campamento Natura Xurés, organizado no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Poderedes ver no programa deste sábado toda a información sobre esta apaixonante actividade.