XORNAL ESCOLAR

Xornal Escolar de verán, paso a paso

OURENSE (CENTRO COMERCIAL PONTE VELLA). 15/06/2018. OURENSE. Celebración de la fiesta Xornalistas na Escola, organizada por el diario La Región para los diferentes escolares. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Celebración de la fiesta Xornalistas na Escola, organizada por el diario La Región para los diferentes escolares.

La Región convoca a primeira edición do concurso estival "Xornal Escolar de Verán", que consiste na elaboración por parte de nenos e nenas da provincia de Ourense do seu propio xornal partindo das novas que se publican en La Región

1. LER E SELECCIONAR - EN QUE CONSISTE O CONCURSO XORNAL ESCOLAR DE VERÁN?

Os participantes deberán escoller durante todo o verán aquelas novas que máis lles chamen e atención do xornal. Para elo deberán centrarse ben na lectura de cada unha das seccións e poderán escoller tantas novas como queiran e de todas as seccións que prefiran. Antes de seleccionar unha información é preciso que teñan moi claro o motivo polo que escollen esa nova xa que despois de ubicala na páxina haberá que comentala. Así, deberán engadir os motivos que os levaron a escollela, como a titularían e que opinan sobre esa nova. O primeiro que deben facer é ler e seleccionar todas as novas que queiran incluír na súa publicación de verán.
A actividade que propón La Región é moi divertida xa que a todos os nenos e nenas lles gusta cortar, pegar e elaborar fantásticos collage e con este obradoiro é o que deberán facer este verán. .

2. PEGAR E DECORA- COMO PODO FACER PARA CONFIGURAR UN FERMOSO XORNAL DE VERÁN?

Escollidas xa as novas que imos incluír, toca darlle forma. O primeiro que debemos ter claro é como ubicalas nas oito páxinas que conforman a publicación. Deberedes pegar as novas escollidas de xeito que o resultado sexa un traballo equilibrado e cun números semellante de novas en cada páxina. Despois de pegalas é o momento de incluír as aportacións propias. Deberedes comentar as novas e dicir o motivo que vos levou a escollelas. Tamén podedes incluír información complementaria desa nova que vós coñezades. Nas oito páxinas deberá haber noticias das distintas seccións de La Región e tamén algunha da vosa comarca, pobo ou localidade, de produción propia, isto é que vós coñezades e que pode resultar de interese informativo.

3. RECORTAR-QUE TEÑO QUE RECORTAR E QUE OUTRAS OPCIÓNS TEÑO? 

Os participantes no concurso poden seleccionar tantas novas como queiran, pero sempre tendo en conta que contarán cun total de oito páxinas para ubicalas e que todas deben ser novas publicadas durante o verán nas páxinas de La Región. Cando xa teñan escollidas as distintas noticias, nas que deberán incluír como mínimo unha nova de cada semana do verán, deberán recortalas para a continuación pegalas no boceto que hoxe se incluirá nas páxinas do Xornal Escolar. Ademais de recortar textos, fotografías e titulares, os concursantes poderán facer os seus propios debuxos, sempre facendo referencia a unha nova que se publique en La Región. Así, ademais de recortar poderán pintar e colorear o seu xornal de verán para que sexa o máis fermoso posible. 

4. RESULTADO FINAL PRESENTACIÓN DO XORNAL DE VERÁN E ENVÍO

O xornal está case listo para enviar, soamente é necesario darlle o último toque. Para elo podedes engadir nas páxinas detalles que embelezan o traballo. Podedes incluír debuxos, recortes de crucigramas, do mapa do tempo, chistes de O Carrabouxo, etcétera. En definitiva todo o 
que vexades que pode converter o voso xornal estivar nun traballo gañador do concurso. Á hora de valorar o mellor traballo serán puntuables dun xeito moi positivo os vosos comentarios sobre as novas escollidas, así que deixade voar a vosa imaxinación e o voso lado máis creativo para sorprendernos cos comentarios máis orixinais.
Unha vez finalizado o traballo, poderedes facelo chegar mediante email a [email protected] ou ben por correo ordinario a La Región, : Polígono Industrial San Ciprián de Viñas "David Ferrer", Rúa 4, s/n, 32901 A Zamorana, Ourense. Todos os detalles e bases do concurso xa as podedes atopar en concursos.laregion.es. 


Cal será o premio para os autores dos mellores traballos?


La Región seleccionará dous gañadores do concurso xa que haberá dúas categorías. Por unha banda estarán os traballos dos nenos e nenas de Educación Primaria e por outra as elaboracións dos escolares de ESO. Así, entre todos os traballos presentados, seleccionaranse dous gañadores, un de cada etapa, que serán dúas fantásticas viaxes para os autores dos traballos e para as súas familias a Disneyland París. Un premio tan suculento ben merece un pequeno esforzo para acadar o mellor xornal escolar de verán. Lembrámosvos que os traballos deben ser individuais, ben é certo que poden recorrer a axuda familiar. Gardade ben os bocetos que se publican hoxe no Xornal Escolar e xa podedes comezar a exercer de xornalistas e elaborar fantásticos traballos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma