REPORTEROS

Xornalistas de 10

20170121152844120_result

Fabulosos reporteiros do colexio Concepción Arenal realizaron un extraordinario traballo de sensibilización e concienciación de educación vial no estudio de Telemiño

Esta semana o colexio Concepción Arenal visitou o estudio de Telemiño. Todos os estudantes realizaron un estupendo programa acompañados polo profesor de Lingua Castelá e Xeografía e Historia en 1º e 2º de ESO, Pepe Diz Yáñez.

Julia Cascón Padrón, Irati Caneiro Silva e Pablo Troncoso Dapía foron os escargados de dirixir, este divertido espazo educativo, xunto con Conchi Pérez a presentadora do Xornal Escolar en Telemiño.

ADIVIÑAS 
Os estudantes definen un obxecto, acción ou personaxe para dar pistas ao seu mestre. Con anterioridade gravaron estes videos no centro educativo, unha actividade moi divertida para os estudantes que recibiron moi ledos ás camaras de Telemiño. Despois de visionar os divertidos videos gravados no colexio, superou con éxito todas as adiviñas.

LA REGIÓN NAS AULAS
Os alumnos len diferentes temas de actualidade no periódico La Región e do suplemento Xornal Escolar, unha ferramenta importante nas aulas para estar informados e traballar contidos do curriculum.

RONDA DE PREGUNTAS
Os co-presentadores realizaron tres preguntas ao seu mestre.
Cal foi a túa mellor experiencia como profesor no colexio Concepción Arenal?
Teño moitisimas experiencias. É difícil concretar pero a mellor experiencia é ver pasar tantas xeracións de estudantes e ao coincidir na rúa veñen a abrazarte. É marabilloso, o demais non importa.

No colexio, os profesores lévanse ben?
Cando se traballa en equipo levámonos ben, remamos no mesmo sentido. Moitos ademais de compañeiros somos amigos. 

Por que eres profesor?
Cando eu era neno no colexio un mestre sempre me deixaba de encargado, hoxe delegado, e gustábame, Non é cuestión de saber moito é cuestión de ensinar. A paciencia e o sentido do humor son fundamental.

Unha experiencia televisiva moi bonita para o centro educativo destacando a gran familia que forman entre todos e o valor que lle dan a diferenza. Para o colexio Concepción Arenal a diversidade é un recurso.

ALTERNATIVA OCIO
Un espazo con moitas novidades onde, cada semana, podemos ver unha interesante reportaxe. Nesta ocasión Beni, activista e apaixoado da seguridade vial, explicou no estudio de Telemiño a actividade que levou a cabo cos estudantes de Concepción Arenal e as iniciativas que se propoñen dende a asociación Stop Accidentes. Conciencia con paixón, sobre a educación vial.
Susana, de La Región, infórmanos sobre todas las actividades  pedagóxicas e deportivas que organizan para todos os nenos e nenas de Ourense. 

Belén, conselleira de educación no Concello de Ourense tamén acerca a todos os seguidores do Xornal Escolar as iniciativas educativas e lúdicas que se organizan dende o Concello de Ourense.
Tedes que esperar ao sábado para ver este fabuloso espazo de moda entre os escolares de Ourense. Sorprendentes e interesantes actividades en Telemiño.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma