O director xeral da Función Pública, José María Barreiro, trasladou hoxe aos membros da Mesa Xeral de Empregados Públicos, que a Xunta de Galicia sigue coa súa vontade negociadora para chegar a acordos sobre as medidas formuladas polo Goberno para a Administración Pública.

A interventora Xeral da Comunidade Autónoma, Almudena Chacón Pichel, avogou hoxe pola necesidade de levar a cabo unha xestión eficaz dos recursos públicos para fomentar a transparencia, o saneamento e a calidade das contas e a sustentabilidade financeira.

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, afirmou hoxe que o Goberno galego seguirá “coa man tendida ata o final” para negociar cos sindicatos as medidas de eficiencia na Función Pública, que considera “necesarias” e que “están orientadas a evitar un recorte nos salarios dos empregados públicos”, algo que Galicia descartou pero que si o fixo o Estado e outras tres comunidades autónomas.

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, avogou hoxe pola necesidade de reforzar a transparencia, a eficacia e o rigor dos mecanismos de control para recuperar a confianza e a estabilidade nun momento de dificultades económicas e financeiras coma o actual.

O director xeral da Función Pública, José María Barreiro, insistiu hoxe en que na proposta da Xunta de Galicia para mellorar a eficiencia na Administración autonómica está garantido que a redución de xornada dos funcionarios, como máximo dun terzo do seu horario, será sempre con carácter voluntario.

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, trasladoulles hoxe aos representantes sindicais que a Xunta de Galicia manterá as retribucións dos empregados públicos, a pesar de que outras administracións as teñen baixado debido á crise económica, e propúxolles unha batería de medidas de eficiencia na función pública que xa se teñen tomado noutras autonomías. O aforro estimado é duns 80 millóns de euros ao ano.

Galicia mantén o máximo rating posible que lle pode outorgar Standard&Poor´s tendo en conta que esta axencia de cualificación non permite que unha comunidade de réxime ordinario, excluídas as forais, teña un rating superior ao do Estado soberano.

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, asegurou hoxe que calquera nova medida que poña enriba da mesa a Xunta de Galicia “falarase cos afectados, tentarase facer por consenso, e irá encamiñada a seguir preservando o gasto social”, tal e como leva facendo o Goberno autonómico desde que comezou a lexislatura.
