Cartas al director

A patria é o primeiro

“Con duas gotas da sangue e un raio de sol, fixo Deus unha bandeira e entregoulla a un español” (Verso popular patrioteiro onde os haxa). 

Fai maís de catro anos escribía eu un texto, “Militarizar a tribu”, publicado por iste xornal. Facía co gallo da presentación da “Memoria del análisis del impacto normativo” do 10.09.2013 polo ministro de defensa Morenés. Era un proxecto era regular o servicio noutras administracións públicas alleas a administración militar. Trasladar oficiais militares a administración civil do Estado. Aproveitar o exército macrocefálico que temos: un mando por cada dous soldados, segundo os expertos. Conxelar as ofertas do emprego público, e que sexa a demanda cuberta por militares, que contaxiarían aos seus compañeiros civís as virtudes dun oficial: disciplina, valor, pronta obediencia e amor o servizo.

Descoñezo a andaida daquela iniciativa. Ameazada como está a nosa seguridade nacional, segundo a actual ministra de Defensa, non se pode descabezar ao actual exército. E non somentes eso, hai que educar aos nenos da primaria nas virtudes do  estamento militar, do rei (xefe supremo das forzas armadas), e amar coma aman eles a bandeira bicolor e o himno.

Vense de presentar  o proxecto “Conocimiento de la seguridad y la defensa en los centros educativos”. O seu obxectivo: fomentar nos escolares españois a “cultura e a conciencia da defensa”. Recollense en 10 unidades nun temario de 245 páxinas. Ensinar a convivencia, o respecto, estructura do exécito, a bandeira, o rei ou a unidade de España. 

Unha das propostas que se recollerán na asinatura “Valores cívicos e sociáis” é que os nenos de 6 a 12 anos canten o pasodoble “La Banderita”, ou marquen o compás do himno da Armada. Non se extrane un pai cando vexa co seu rapaz nacontra de facer os deberes, se poña firme, e coa man no peito lle solte a melodía patriota: “Allá por la tierra mora,/allá por tierra africana,/un soldadito español/de esta manera cantaba:/ Como el vino de Jerez/y el vinillo de La Rioja/son los colores que tiene/la banderita española,/la banderita española./Cuando estoy en tierra extraña/y contemplo tus colores/y recuerdo tus hazañas/mil siglos te querré./Banderita de mi alma,/que lloren las lagrimitas/no me salen a la cara./Como el vino de Jerez/y el vinillo de Rioja/son los colores que tiene/la banderita española”.

Sempre haberá algún neno curioso que non se conformará con cantar as cores dos devanditos caldos, e por aquelo de acadar mellor nota querrá paladear, grolo a grolo, a virtude patriota contida nos morapios. Xa o dixera Plinio el Viejo: “In vino veritas”. Berrar, aos catro ventos, co españoleo de Manolo Escobar, “¡viva el vino, que por algo es un regalo del Señor!”.