Cartas al director

Cousas do caloret

“A embriaguez non crea os vicios, limitase a poñelos en evidencia” (Séneca)

Abofé cun dos calores máis abafantes sufrinno en Valencia. Acontecéu no “fred do inverno”. Por moitos xins-tocnics inxeridos, afastar da miña cansa anatomía aquel “caloret” foi misión imposible. Tés que ser valenciano pra sobervivilo.

A alcaldesa daquela cidade fíxome lembrar a inxente transpiración, que se empeñóu en cohabitar conmigo. ¡Ah, a caloret! Coma persoa que é poido entender a calor da Sra. Barberá. O que xá non foi de recibo é que esnaquizara cunha verborrea inintenxible a noble lingoa valenciá. Debería de aprender do seu xefe Mariano, incapaz de falar en galego.

Segundo unha estatística da propia Comunidad de Valencia, un 74,4% dos valencianos entenden o seu propio idioma, un 54,3% saben falalo, un 50,0% leelo e, somentes, un 29,5% saben escribilo. A egrexia lideresa, polo que se poido ver e escoitar, amosóu non entrar da devandita estatística. O seu pregón superóu calquera cantinflada.

A mellor explicación que se poda atopar ante tanta tropelía idiomática, termo segundo os parlantes valencianos, foi a “caloret” do momento, logo do piscolabis preliminar da recepción. A “caloret” da moita sede, por moito xelo botado no Tankeray.

Macordo dunha verbena no xardín do Posío. ¡Anos fái! Rexía coma alcalde un xeneral do Exército. Aturabamos, como podíamos, sobrios pra non cheirar a alcol as mozas, a canícula estival. Tivera lugar o descenso das piraguas no Miño. De súpeto, a música parouse. Subira ao palco o señor alcalde. Tambaleábase o home. Arrincoulle o micro ao cantante. Cunha voz augardentosa, e cun castelán atropelado, dirixiuse a atónita muchedumbre, que desexaba bailar. “¿Onde están, agora, ises miserentos comunistas, que falaban de que morreran afogados os nosos piragüistas? ¿Eh?” Foi retirado educadamente, por varios membros da orquesta, procurando que tan alto personaxe non naufragase naquel palco. As suas derradeiras verbas, ¡viva Franco! ¡arriba España!, foran casi impercetibles. Como lle pasóu a doña Rita, ¡foi a “caloret”! ¡Pasado o fred do verán!