Cartas al director

Pois, vai ser que non

“Pensamos aplicar aquelas que sexa obrigatorio aplicalas” (Mariano Rajoy, político aplicado)
Mirade que son pailán! Vendo a proposta da oposición no Congreso presentando unha proposición non de lei no canto de aplicar un incremento do 1,2% no 2017 sobre as pensións, dixen vaia home vai ser certo aquelo de que o parlamento funciona, non coma en Venezuela. Xa o advertira Rajoy, que ista sería unha lexislatura de moito diálogo.
Axiña, puxenme a presupostar un menú distinto pra as festas navideñas, simulado e pagado en diferido. Enchenta de mariscos, ternascos, capóns de Vilalba, viños de Burdeos, e Moet Chandom cava de Don Perignon. Tería unha resaca caralluda. Non sobrepasaba dos 123,76 euros anuais, que supoñía tal incremento da miña pensión.
Neso chegóu Rajoy e mandóu calar. Miren vostedes señorías, o que propoñen é unha medida que implica un compromiso presupuestario. Perdínme no laberinto da política. Non existen unhos presupostos xenerais do Estado pro ano 2017, exercicio no que poderíase aplicar o debandito porcentaxe do aumento. O goberno ainda non os presentóu. E presentados poden ser obxeto de enmendas parciais ou totais pra a sua aprobación final. Seguindo as manifestacións do lenguaraz portavoz do partido do goberno, agora é a oposición a que ten que presentar os presupostos. Na Comisión de Peticións presidida por Fernández Díaz?


Pensaba eu que pra non superar o teito do gasto, sería como facemos no fogar, sacar dun lado pra destiañolo a outro capítulo. Non é así na nosa política. Seica os pensionistas somos a ruina do país. Tal pensamento cabréame. Se o poder lexislativo somentes sirve pra convalidar as políticas do poder executivo, pra que o necesitamos. Con eliminalo, aforraríamos cartos. Sustituindo a tanto político, por aquelo de darlle uso ao hemiciclo, por cabalos, coma fixera Calígula en Roma. Daríamoslle un pulo a industria do forraxe, e aproveitaríamos o seu esterco.


O meu gozo nun pozo. Voltaréi a festexar o Nadal e a entrada no Aninovo, coma sempre, cunhas sopas de burro canso, ainda que serán co viño da Asunción, que nin é branco, nin tinto, e nin ten cor. Moi certa a frase de Camilo José Cela: non é o mesmo estar fodido, que estar fodendo. Apliquemos un cacho da gramática parda, da que fai gala Mariano. Coñecido o verbo, o suxeto activo, dador, é o político, e o pensionista fai o rol do suxeto pasivo, receptor.