Cartas al director

A Colonia

A televisión como enredo e sonífero non ten prezo. Tampouco o ten cando esperto. Te embabiola, pois sexa parola, tertulia, mitin ou anuncio, raro é que tertuliano, presentador, guionista, etc non meta a pata e solte a necedad ou burrada de turno.
Pois ben, dende fai tempo (entre outros) veño reparando en un anuncio que moi obrigado quedaría a quen me aloumeara a dúbida que teño.
Pregoa, ou anuncia, unha colonia na que sae un mozo novo, xesto fachendoso e sorriso chulo de guaperas. Diante del un feixe de raparigas xoviales acramando o chuleta. Este, moi farfallan, achegase a elas, despenicase da camisa, quedando espido de embigo pra riba. As mociñas histéricas e con ollos petisqueiros aturuxan enfervoadas o “Fato Apolineo”. Este, en ese intre, arúma-se, e de seguido baixa os calzons. As raparigas, sen deixar de berrar e con ol1os de prato caen todas o chao como fulminadas por un lóstrego.
E velehi miña duda: alguén me pode decir se caen por que o arrecendo do mozo e malo, ou por que ven, con desengano, que sua “pilila” e pequena?