Cartas al director

Aragonés Barbañica

Días atrás publicaba un xornal o derrubo dunha casa no pobo de Parderrubias, do concello de A Merca, e, entre outras causas, falaba de a súa proximidade o río Barbañica, e o día seguinte volvía a nomealo.

Dun tempo a esta parte iste nome ven aparecendo moi a meudo. Podo dar unha chea de nomes e datas sobor das veces que leva saído. Non fai moito, un edil do Concello de Ourense, falando dese río, enchía a boca ao nomealo Barbañica, e o mesmo Concello ourensán, en mandatos, bandos por obras ou calquera outra cousa tamén lle aplica ese nome. A mesma Xunta pregoando unha subvención a un taller de emprego, e o mesmo a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, amén dalgunha publicación cultural. E parello destes, moitos veciños de Barbadás, A Valenzá, Ponxos, etc, danlle o mesmo nome nas súas protestas en cartas dirixidas os xornais polo lixo, maleza, escorrichos de augas chirlas ou fecales, ramas de árbores, etc. Sen esquecer armarios, papeleras e outras que van parar ao río. Son tantas e tan variadas as protestas que polo que se ve, xa son centos as persoas iñorantes de seu verdadeiro nome.

Este río de toda a vida coñecido por “Dos Muiños” (Otero Pedrayo, no seu libro “Os ríos de Galicia”, Risco na “Geografía general del Reino de Galicia”, e outros moitos autores) a miudo viña sendo nomeado como río de Villaescusa, Ponxos, Barbadás ou Pontón, nomes estos que non firen os oidos ao revesgo de “Barbañica”, con perdón dos aragoneses. Non entendo, ademáis de cabreante, como a tanta iñorancia nadie lle puxo coto, e cando digo nadie digo ben, pois sobran os dedos dunha mao para contar os poucos que defenden seu verdadeiro nome. Eu protestei diante da Comisión de Toponimia e nin sei se recibiron a carta. Na Real Academia da Lingua Galega, seu presidente contestoume con cativa carta e, ata a fecha, máis do mesmo en outros moitos sitios.

Teñen senso ou razón quenes din ser unha falta de respeto nomealo así. Pois eu digo que razón tiña o señor Méndez Ferrín cando dixo de “negarlle o empadroamento a quen lle chame a este río Barbañica”, e de seguido o seu desterro, engadiría eu.