Cartas al director

Falando de Álvaro de Casas

Días atrás, no xornal La Región, don Pablo Rubén Eyre, publicou un artigo falando do libro de Alvaro de las Casas "Dos días en Orense", loubaba, e con razón, a ledicia de súa letura, o mesmo tempo que nos daba a coñecer aquel entranable Ourense onde o largantio de súas moitas prazas esparexan un sol e un ar sen lixo.

Seu artigo pregaba o Concello, Deputación, ou a quen tivera a obriga, de ver a posibilidade de faguer unha nova edición do tal libro, prego o que me uno, e moi sinxelamente meus parabéns a don Pablo. De calquer xeito, temo deixen baleiro tal rogo.

En unha das primeiras corporacións "democriticas" o edil de Cultura do Concello, ainda vive e por moitos anos, quixo reeditalo, polo que me pediu lle fotocopiase un exemplar da miña propiedade. Por moitas voltas, razoamentos e pregos que deu pra acadar tal desexo non o logrou pois non lle foi posible domear a teimosía túzara da oposición, e penso sen temor a trabucarme, que coa excepción do alcalde Manuel Cabezas, que baixo seu mandato reeditaronse as obras completas de Prado Lameiro, que eu sepa ningunha outra cousa se fixo. 

Aproveito pra queixarme e malsinar dúas cousas que atinxen os departamentos de Cultura, sexan da Deputación ou do Concello, primeiro, o pouco que fixeron; onde está?, como conseguilos? Eu sempre interesado en esta clase de publicacións, por moitas voltas e xestións que fago, vexome e deéxome pra faguerme con algún exemplar, cousa que moi poucas veces logro. E segundo, publicacións ourensanas de moito interés, como pode ser "Del Orense antiguo" de Adrio Menéndez, "Guía del viajero en Orense" de Arturo Vázquez, os "Fueros Municipales de Orense" de Martínez Sueiro, ou as guías de Ourense e cidade, de Cid Rumbao, Otero Pedrayo, etc, costa eso tanto?, tropecentos asesores en ises organismos, pra que?, somentes a "soldada" de dous menos daría cartos de abondo pra poder editalos, por favor salgan de unha puñetera vez da vulgar mediocridade. Ourense agradecerallo, granxear e espallar cultura axuda a coñecer millor este anaco da nosa Nación que se chama Ourense, pois canto máis se coñeza máis amor lle teremos.