Cartas al director

A festa do pano en Allariz

Amig@, para quen disfrutou durante anos en Allariz, a vila “é un tecido de lembranzas de moitísimas cores”.  E esas cores, os días 21 e 22 deste mes, serán o telón de fondo das cores dos panos que un centenar de nenos e nenas de Amencer portarán polas rúas. 

O centenar de panos sairán do albergue salesiano de Allariz, coma se foran un xardín que deambula polas rúas da vila. Os saltimbanquis, os andaina e os ads xogarán entre sí; competirán cos seus país; compartirán o almorzo, o xantar e a cea; e mergullaránse na piscina, e no mundo da imaxinación e a creatividade.

Desde este albergue tamén deron, ou darán, cor á vila no mes de abril: A Asociación “Camino de Santiago”, de Valladolid, os días tres e catro; alumnos do colexio Salesiano de Lugo, os días nove, dez e once;  a Asociación “Banda de Música de Vigo”, os días trece, catorce e quince; ProxectoTerra con alumnos do IES de Barro (Pontevedra), os días dezanove e vinte; e ProxectoTerra con alumnos do IES de Muros (A Coruña), os días vinteseis e vintesete. 

Paco, Carmen e José Luis ten preparadas para tódolos grupos as noventa e cinco camas do dormitorio, as cinco salas de reunión, os dous patios descubertos,  as dúas salas de xogo e os tres xardíns do albergue. Paco, Carmen e José Luis, axudados por Manuel, Esteban, Alfredo, Camilo e Constantino, acollen no patio, preparan na cociña, serven  no comedor e acompañan polo “medio kilómetro más bello de España”, á tódolos grupos que chegan ó albergue. 

¡O albergue salesiano revalorízase por estar enmarcado na vila alaricana, e a vila alaricana prestíxiase co albergue salesiano!

Amig@, os cen rapaces e rapazas da Asociación Xuvenil Amencer retornarán as súas casas moi ledos de haber convivido dous días coas xentes de Allariz; contentos da festa do pano, da festa  da “pañoleta” decorada co símbolo do grupo. Retornarán aplaudindo que o dia 11 de outubro de 1964 a Dirección Xeral de Belas Artes declarase Conxunto Histórico-Artístico a vila de Allariz e que a vila de Allariz dende 1964 medrase en historia e arte. Retornarán batendo palmas porque Amencer ven de ser declarada Entidade de Utilidade Pública pola Xunta de Galicia, e porque Amencer é cada día máis útil para a sociedad  da provincia.