Cartas al director

Noraboa, Cristina

Amig@, durante 16 anos dos 18 que foi alcalde de Allariz Paco García Conde, disfrutei do seu servicio ó pobo e da súa atención ós salesianos. Por iso lle escribo esta carta a el e a súa sucesora, política tamén naqueles anos. 

Gracias, Paco, pola mellora que lle imprimiches a Allariz, a Santa Mariña de Augas Santas, a San Salvador dos Penedos, a O Rexo, a O Penamá…, durante 18 anos. Estas miñas palabras queren ser outro aplauso que prolonga no tempo as ovacións que che tributaron na casa consistorial o pasado día 15 deste mes. Fuches “faro de luz”, como che dixeron ese día, para o concello de Allariz, para a provincia de Ourense e para a comunidade autónoma de Galicia, durante 18 anos. 

Durante 16 anos fun testigo do teu traballo, da túa honradez, da túa bonhomía, do teu amor a Allariz e a Galicia, sen excluir a ninguén. Por iso, hoxe podes dicir que “a política merece a pena”. Por iso podes estar orgulloso do Fogar dos Maiores, do Festival de Xardíns, da Banda de Música Municipal, das Piscinas Municipais, das excavacións no castro de Armea, da Festa do Boi, da Festa de San Benito, da Festa da Empanada, das Andainas, das feiras, dos mercados…: da vida que hoxe  bule e rebule en Allariz. 

Gracias pola atención que tiveches sempre cos salesianos. Recordo moi ben cómo participaches na acollida das reliquias de Don Bosco cando pasaron por Allariz, hai poucos anos. Lembráchesnos daquela ós alaricanos que, sen os salesianos, Allariz sería outra cousa. Sería outra Allariz, por exemplo, na práctica do baloncesto; e facías memoria de don Albino e don Rosendo. Hoxe serían outros os alaricanos que naceron nos anos 40, 50 e 60 do século pasado; moitos deles aínda falan con cariño dos entón directores don Rubuano, don Tomás. don Macario, don Amable, don Esteban, don Cayetano…; moitos aínda falan con cariño dos entón aprendices de mestres, don Isauro, don Pedro, don José María, don Ángel, don Gonzalo…

Ó principio do teu mandato, o pobo de Allariz adicou unha rúa ó salesiano Don Albino. Este feito foi un xesto de recoñecemento ós salesianos. Esta rúa animou ós salesianos a seguir camiñando cos alaricanos. Esta rúa é o camiño de entrada e saída a antiga casa salesiana; hoxe, casa do pobo.  Esta rúa e a igrexa de san Pedro son a placenta da presencia salesiana en Allariz, onde eles acolleron e foron acollidos.  Ogallá ámbalas dúas sigan alimentando a presencia salesiana en Allariz, durante o mandato de Cristina e d@s que a sucedan.  

“Non che caiba dúbida, Cristina, de que vas ser unha gran alcaldesa”, como che dixo Paco e che desexan os salesianos. Tes preparación, sabiduría e ganas de traballar. Tes equipo para xogar e oposición para mellorar. Tes ós párrocos das diversas parroquias para axudar, e ás clarisas para rezar. Tes ós salesianos para colaborar. Tes, sobre todo, un pobo que quere medrar. Ánimo e adiante, Cristina! Estas miñas palabras queren ser eco do aplauso que che tributaron na casa consistorial o día 21 deste mes.

Gracias, Paco. Allariz sempre foi “un tecido de moitísimas cores”; e  durante estes últimos anos o tecido medrou e as cores brillaron. Ánimo, Cristina; os próximos anos serán para o Concello, “apacibles como a nosa Alameda, serenos como o noso río”, inquietos e prósperos coma os nosos Colexios. Gracias, Paco. Noraboa, Cristina.