Cartas al director

¡Gracias!, Nemesio Barja

Naciches en Caldesiños, un pobo de Viana, por una boa casualidade: a profesión de teu pai quixo que foses vianés. Nunca te olvidaches desta bisbarra, ben o demostraches visitandoa en varias ocasións e co teu derradeiro e cariñento regalo, doando a túa biblioteca, para esta vila. Gracias, moitísimas gracias en nome dos vianeses e desta amiga de toda a túa inesquecible e querida xente! Fai tempo que non nos vemos, pero as boas amistades perduran o longo dos anos. Eu, sen ser vianesa, como se o fose, viñen para esta terra, sendo casi una rapaza, e o estar menos en Ourense fixo que non tiveramos tanta relación. Quixenvos sempre. Teus pais, moito me querían. Inolvidable Placiña das Mercedes! Gracias, Nemesio, en nome da miña xente e de todos os vianeses, gracias!