Cartas al director

San Miguel Arcanxo

“Conducirse con honestidad.
Cumplir los compromisos.
Contacto. Sostener la calidad
del abrazo. Dar lo mejor de sí”

Un mes, moi movido e variado. Finalizámolo co arcanxo San Miguel. Pedímoslle moito ben para os moitos que queremos e coñecemos, que levan este bonito nome, tamén o é. Como me lembro de moitísimos, por non andar un por un, co traballo que teñen e máis nestas datas os medios de comunicación, quero mandar os meus sempre bos anceios ós que están de “Santo”, Migueles Ángeles, Migueles… a ti, que te canso tanto, Miguel, e que sempre me aturas de boa maneira, que teñas moi bo día.

Migueles, que o príncipe da Milicia Celestial mande ós infernos a Satanás e os espíritus malignos que percorren o mundo, para perdición das almas e dos corpos, ¡Amén!
Non me esquenzo dos Gabrieles e Rafaeles, tamén felicidades.