Cartas al director

Plácido Blanco Brembibre

Fai uns poucos días entereime da xubilación deste gran profesional da educación, da cultura, da escritura e da arte.

Plácido, despois de O Barco, veu de catedrático (a min gustame máis, “de profesor”, “de insinante”) para o Instituto Carlos Casares -Carlos tivo o seu primeiro posto de traballo neste centro, que leva o seu nome… ata o ceo, o meu agarimo, amigo Carlos-. 

Distelle a todo, Plácido. Traballamos xuntos en moitos campos… dábaslle a todo. 

Eu deprendín moitisimas cousas de ti! ¡Gracias! 

Fixemos festivales preciosos, película, aquelarres… Parece que estou vendo aquelas pouco vistas actividades. 

Sr. Blanco Bembibre: Non acabaría… así que a disfrutar, a ter un pouco de tempo libre e xubilar, xubilar, sei que nunca o farás. 

Para María, Mayella, Pablo e para ti, que Deus, a Virxe, o Neno e San Xosé estén sempre convosco, repartindo as suas gracias. 

Quérovos.