Cartas al director

Carlos Casares Moutiño e Viana do Bolo

“Recordar es volver a vivir”. Poucos españoles, e menos galegos, non coñecerán a esta boa persoa, estupendo profesor e moi bon escritor. Libros, teatro, etc. A pouco acaba o 2017, adicado a el, e os vianeses e demáis non escribimos nin decimos pío sobre Carlos. 

Carlos tivo o seu primeiro destino nesta vila, como profesor daquel inesquecible Colexio Libre Adaptado “Santo Tomás de Aquino”. Pouco despois, xa funcionou como Instituto, e vai anos, como IES Carlos Casares. Carlos, sempre moi cercano. El foi un gran colaborador, sempre, daquela preciosísima revista histórica: A Nosa Bisbarra. El foi o que prologou o primeiro número, escribindo en tódolos seguintes, ata o seu pasamento. Non te esquecemos nunca e sempre te temos presente. A ti, Tono Ávila, José Manuel Paxares “Chema”, fundadores, Velasco, sempre a nosa beira, como corresponsal de La Región, e a moitos que esqueceremos eiquí, pero que os levamos dentro. Enrique, gran copleiro e forza do Antroido, e a tantos, tantísimos colaboradores que tamén están ollando todo donde as estrelas. A ti, J. Cruz, outro axudante inigualable, que Deus che dé saudiña, Guillermo, o amigo do Che Guevara! 

A tantos, Ventura, curas, médicos, escritores de nome; a todos nosa lembranza e gracias!
Xérmolos, primeira asociación cultural da vila, que casi non tivo duración por “politiqueo”. E graciñas, non olvidamos a vosa xenerosidade, pois uns miles de pesetiñas que tiñades en remanente quixéstedes dárnolas para os primeiros gastos. Gracias! E, como nos ibamos a olvidar de vos, queridos nenos, tan colaboradores, tan tenros, tan participativos, tan orixinales, tan bos actores, tan, tan estupendísimos. Pra comervos a bicos. Hoxe xa grandes, casados moitos, mozas, mozos. Sertá, ti traballando como docente en Pontevedra, fuches o que nos metiches en danza. Que Deus cho pague! Quixeramos poder nomear a todos, o noso presidente, Manuel Anxo Araujo, pero no mundo en que estades, sempre con nós. Quién supiera escribir…! E bó Nadal e un 2018 saudoso.