Cartas al director

En memoria de Antonio González, "Réquine"

Prezada Rosa: 

Debido a unha doenza que me impide saír da casa, non puíden, como sería o meu desexo, viaxar ata Marín para darlle o meu último a Deus ao benquerido Antonio e darche a ti e ás túas fillas a testemuña do meu pésame por tan sentida perda.  
Coma ti ben sabes, eu tiña un especial cariño a Antonio “Réquine” porque foi el, xunto co seu pai Virgilio, un dos persoeiros máis importantes da Coral De Ruada de Ourense, quen me inculcou o gusto pola música tradicional galega e me iniciou nos secretos da gaita e da zanfoña cando eu era aínda un cativo de 9 anos; estouche a falar dos anos 50 do pasado século.  

Eu seguín mantendo a relación de amistade con “Réquine” e fun visitalo en varias ocasións a Vigo. Lémbrome das conversas sobre a construcción da ponte da Illa de Toralla, na que tivo un importante papel. Tamén, xa últimamente, o visitei para que nos permitise facer copia do dossier particular do seu pai no que puidemos atopar datos valiosísimos para entender mellor a historia dos primeiros corenta anos da Coral “De Ruada”.
Recibide ti e as túas fillas e netos unha forte aperta de quen foi amigo e compañeiro de “RÉQUINE” na Coral “De Ruada”, que presidín hai uns anos e da que os meus compañeiros tiñeron a ben nomearme presidente de honra.