Cartas al director

Perigo no paso de peóns fronte a Policía Nacional

Escribo como pai e como cidadán preocupado polo que vexo cada día no paso de peóns que cruza a avenida Otero Pedrayo á altura da Policía Nacional.

Esa vía ten 6 carrís (3 en cada sentido) e nun dos sentidos, ademais, conflúen a rúa As Lagoas e a Manuel Fernández García. O semáforo desa parte NON se pon en vermello para os vehículos que acceden desde esta última rúa nin desde a das Lagoas, xa que se pon só en ambar intermitente. 

A preferencia, nun paso de cebra e en verde para os peóns, é para as persoas que cruzan, pero os conductores están máis pendentes de ver se poden pasar que de ver se alguén cruza.  Practicamente todos os días, nalgún momento, hai que avisar aos conductores e facer xestos claros para poder cruzar. 

Neste cruce conflúen nenas e nenos do Colexio Mestre Vide e do Instituto das Lagoas.

Non hai alerta visual de ningún tipo (paso de peóns máis elevado, luces, reforzo sinalético, …)

Non se pon o semáforo en vermello para todos os vehículos en ningún momento.

É un cruce moi transitado por escolares e ten moito tráfico.

Avisada a DGT, dí que non ten competencias…

Desde os centros de ensino (ANPAS e directores) tentouse que o Concello fixese algo desde hai anos, pero continúa todo igual.

Non hai policías dirixindo o tráfico e no caso de que decidiran destinalos alí terían que estar de 8,15 a 9,05, e de 14,00 a 14,15, momento de máxima afluencia por entradas a instituto e colexio, pero esta solución seríaduns días pois a presenza policial non é constante, en absoluto, no outro cruce que está preto do Colexio Mestre Vide, o da rúa Celso Emilio, e que tamén é complicado.

Nunha cidade onde hai tantos atropelos, que se pode facer cando cada día vemos o perigo de un semáforo mal resolto?

Apelar aos medios de comunicación como cidadáns e como pais.