Cartas al director

Ser neno... no rural!

O que a maioria ve coma algo fabuloso, vivir no rural, que non digo que non o sexa, supón moitas privacións e sacrificios. O que para ti que estás lendo isto e vives nunha cidade é algo cotián como levar os teus fillos o cine, teatro, parque de bolas, variedade de actividades extraescolares, etc, para os nosos nenos, supón precisa dun medio de transporte e desplazarse 120 km (ida e volta), pero eso xa o temos asumido, e mirado doutro xeito, valorano e disfrutano máis por ser algo extraordinario. 

Pero a miña reflexión para a concienciación non é por falta de actividades lúdicas, que as hai, senón por falta de recursos educativos. Eu vivo en Entrimo, un concello que está moi limitado en canto a axudas para poder ofrecer actividades e servizos. A excusa máis escoitada nestes últimos tempos dende as administracións é “…hai pouca poboación infantil non podemos invertir os recursos nuns cantos nenos”, (e menos habrá con ese xeito de pensar).

Estes días iniciouse o curso escolar, un tercio do alumnado do noso colexio ten menos de 6 anos e sin embargo non temos un mestre de educación infantil. Nunha reunión que tivemos na delegación no anterior ano escolar prometéusenos (pero claro foi verbalmente, e nós, ilusos, confiamos na palabra de aquelas persoas) que si se xuntasen tres ou catro nenos máis, nos mandarían outro mestre. Dende o Concello, que sempre nos apoian nas nosas reivindicacións, decidiron contribuir para conseguir ese obxetivo, propuxeron arreglar unhas vivendas que estaban libres e alugalas ao simbólico precio de 50 euros a aquelas familias que tivesen nenos en idade escolar. E resultou, viñeron tres familias que en total teñen nove nenos, seis para o colexio de Entrimo e tres para Bande. Pero non serviu de nada, estamos igual ou case peor.

Con estas medidas, eu como nai chego a unha conclusión: que pretenden, presionarnos para que a falta de servicios nos leve a abandoar o rural e masificar aínda máis a cidade? Dende a miña humilde opinión creo que este non e o camiño correcto. Non podemos ver so no rural o aspecto turístico. Os que vivimos, traballamos e incluso xeramos algún posto de traballo queremos seguir a facelo, e os nosos nenos que xa teñen pouco non os deixemos sin nada, e poidan seguir disfrutando da calidade de vida que significa vivir no rural pero sen convertilos en cidadáns de terceira, empezando con una educación de calidade.