Cartas al director

Obituario | En memoria de Antón Santos

Hoxe, a tristura obrígame a parafrasear a Mario Benedetti,  porque sinto unha soedade moi concurrida,  chea de nostalxias, de presencias e de ausencias, pola marcha dun amigo; pola marcha de Antón. Porque con el, eu perdín un compadre, e Verín, o mellor dos seus servidores públicos. 

No ano 431 a.C., cando Pericles, o gran servidor de Atenas, pronunciou o eloxio fúnebre dos seus concidadáns caídos na guerra do Pepoloneso, destacou como moralmente superior o carácter dos que, tendo por norma respectar ante todo a liberdade dos demáis "tanto nos asuntos públicos como nas rivalidades diarias duns con outros”  non se anoxaban nunca “co seu veciño cando este actuaba espontáneamente”.

Ademáis, Pericles puña como exemplo aos que “se ben nos asuntos  privados somos indulxentes, nos públicos xamáis obramos ilegalmente, senón que obedecemos ás leis, en particular as dictadas en favor dos que son víctimas das inxustizas”.

E despois de pronunciar o máis célebre discurso da antigüidade sobre os valores cívicos, resumía as virtudes do berce da democracia en que “tamén pola nosa liberalidade somos moi distintos da maioría dos homes, xa que non é recibindo beneficios, senón prestándoios, que nos granxeamos amigos” -como fixo Antón- “porque o que fai un beneficio establece lazos de amizade máis sólidos, ó aumentar a débeda  de gratitude dos demáis”. 

Por eso teño -todos temos- hoxe unha soedade moi concurrida, moi chea de nostal-

xias.

Adeus Antón. Verín encolle sen ti.