Cartas al director

Anton Chejov e a Pokemon

Non é San Petersburgo. Non hai neve na perspectiva Nevski. Non é Anton Chejov percorrendo, só, enlouquecido, as rúas e berrando “ Non premas as luz. Non quero ver a ninguén, nin aínda que viva setecentos anos volverei a escribir para o teatro”. Non é o fracaso da gaivota.

É Ourense. Fai calor na perspectiva Xoan XXIII. Un home percorre, so, enlouquecido,as rúas e berrando “Non premas a luz. Non quero ver a ninguén, nin aínda que viva setecentos anos volverei a falar de servizos de augas e contratas”. É o fracaso do can.

O Chejov non cumpriu coa súa promesa e este home? Quen o sabe, as almas condenadas as que se leva vodka e blinis? O único seguro é que este home marchou para Lanzarote a contemplar o mar dende a cadeira do Nobel de Azinhaga e converterse nun poeta ao xeito de Cecco Angiolieri.