Cartas al director

Kant pasea por Ourense

Dende pequeno sempre tivo amigos bastante estraños que sempre aparecían nos momentos máis inesperados. Así o outro día, despois de saír do café, mentres ía paseando pola rúa do Paseo atopou ao Kant de Könisgberg. Despois de preguntarlle pola familia e comentarlle que fóra a visitar a un vello profesor de filosofía que sempre vai en cabalo, díxolle: “ O ceo estrelado sobre as nosas cabezas, a lei moral no fondo dos nosos corazóns”. Non o entendeu porque nunca lle gustara a filosofía. O que realmente lle gustaba era comprender a formula que estendía a integral de Cauchy a dominios pseudoconvexos moi xerais.
Cando chegou a Praza Maior e o mirar ao fronte pensou que na cidade vivíanse HARD TIMES como cantaban os The Roots e John Legend, máis seguiu camiñando a procura da neve de Herisau. “Worwärts! Marsch!”.