Cartas al director

O Mosén Juan do século XXI

Cando espertou aínda o seu cuarto cheiraba a enaguas de azahar. Sobre a mesa de noite Pascua y naranjas, dun autor que di que naceu en el año de mala gracia en el que dio comienzo aquella traca siniestra y que le gustan las piernas de las muchachas, los mendigos con orgullo, las voces que claman en el desierto y cosas así. “ Solo quieres dinero ¿no es eso?”, preguntouse, coma si fora un Mosén Juan do século XXI, esta maña cando leu no xornal que outro millonario,por non lle dar importancia, non se acordou de pagar as súas contas.

Os tempos non cambiaron, salvo que volveron as pulgas, nesta vez ben vestidas, que tanto e ben perseguirá o empregado de doña Elisa e que agora podes escoitar Pale Moon de Shannon Mcnally no canto do Black is Black de Los Bravos. Iso foi o que pensou mentres camiñaba pola beira do río ulindo o arrecendo da primavera ourensá.