Cartas al director

O politólogo

Era un politólogo de recoñecido prestixio intelectual, iso si a partir do cuarto godello das terras do Támega, que nos seus ratos libres tamén exercía, nas barras dos bares de boa reputación, de critico musical, porque sabía, coma Zek, que sempre hai que ser capaz de contar coa música a todo volume para salvarte. Chamárono cedo dunha radio local para que fixera unha breve análise dos resultados das eleccións andaluzas. Nun principio, non quixo coller o telefono, non lle gusta madrugar, pero o final colleuno para cumprir co consello que lle deu a súa nai para triunfar na vida e para que te respeten. Actúa educadamente e ninguén se dará conta de que estás tolo. Simplemente dixo, que ao igual que non ten resposta científica para a pregunta de porque a Kurt Cobain e a él gustalles Mount Everest dos Teenage Fanclub, tampouco ten resposta científica para a pregunta de porque gañaron as eleccións os socialistas andaluces. Misterios da humanidade! Milagre da Virxe dos Remedios, perdón, do Rocío! Ora pro nobis!