Cartas al director

Obituario: José Julio Fernández Álvarez, na lembranza

Onte foi un día do que non tiña coñecemento. Moitos falaban da súa experiencia persoal, pero a mín, aínda non me tocara. É o día no que Deus chama ao teu papá á súa presenza. Chorei a súa falta, pero non coma os que non teñen esperanza. Tan só había unas horas que nos decía a miña nai e a quen lles escrebe, que o Señor o estaba a chamar. Despedímonos. 

Coa súa ensinanza e máis a da miña mamá, aprendín a ler a Biblia cada día. Nela atopei o gozo do Espíritu de Deus, que tamén os enchía a eles. Nas páxinas da Palabra de Deus , José Julio atopou no ano 1947 unha oportunidade de Nacer de Novo. Foi en Marín co seu pai (coñecido como Obispo dos Protestantes), e coa axuda do Misioneiro Arturo Ginnins cando aceptou seguir os camiños de Deus. E para iso non compre mudar de relixión.

Durante a súa vida foi industrial. Con estudos en Farmacia e Química pola Universidade de Santiago inventaba productos e despois de acadar a súas “patentes” fabricabaos e distribuíaos. Os seus clientes daban boa conta da súa amabilidade e humildade. 

Hoxe volve a ser un día singular. Tampouco o tiña experimentado, pero sei que na súa despedida podo dicer: até mañá.