Cartas al director

Novo hospital, antigas costumes

Son un cidadán de ourense que ten un problema ca sanidade pública.

Teño o meu pai enfermo dun cancro dende fai un ano e uns meses. Ata agora estivo con tratamento de quimio e agora estamos a espera de poder facer un, o cal levamos a espera 2 meses dende xulio cando o solicitou o doutor. Nin o doutor entende esa tardanza, levamos tres reclamacións e seguimos a espera, como si fora un simple catarro tratan a unha persoa.

Xa está ben. É denigrante que unha persona teña que esperar tanto tempo por unha proba tan necesaria pa saber que tratamento precisa.

Novas instalacións para esperar a que te atendan mal atendido.

Penoso.