Cartas al director

Querido don Miguel

Veciños e veciñas das parroquias de San Pedro Farnaderios e Souto de Limia queremos amosar a nosa solidariedade co parroco Don Miguel Sotelo e destacar a súa contribución e traballo levado a cabo nos nosos pobos, sen ánimo de lucro, sendo incompatible cos comentarios e publicacións amosadas en prensa e televisión sobre as coaccións intencionadas recibidas polos veciños para que contribúan económicamente os arranxos das igrexas.

Unha errónea explicación que deu pé a unha situación moi desagradable e confusa nos pobos, non dexesada por ninguén e menos por don Miguel, que despois de 44 anos adicado os demais, tanto aquí como na súa labor de misioneiro polo mundo, que non lle valoremos e recoñezamos que o único que pretendía era axudar e mellorar as nosas parroquias que tanta decadencia sofren.