Cartas al director

Senén Ferreiro Álvarez

Non sei coma comenzar estas verbas, o que si sei é que están cheas de Amor, Respeto, Admiración é Orgullo de haber tido a un pai coma ti.

Non é doada a túa ausencia, nin percorrer os recunchos onde ti ibas, xa que fuches ese gran pilar da vida da nai e da miña. A nai lémbrate moito e non se decata do forte que é, nembargantes sei que ti estás dándolle ese Forza que necesita. Foi unha vida chea de moitas cousas xuntos: viaxes, proxectos, festas... e ela é tamén unha gran nai.
Non teño a menor dúbida de que estarás "No Teito do Mundo" e dende alí estasnos mandando toda a forza que ti tes. Díxome unha vez unha gran amiga que ti, tan xeneroso coma eras, a túa Forza ma ibas transmitir, e que certo era! A túa xenerosidade foi tal que ata no "penúltimo" momento, mostráchenos a túa faciana chea de Paz, e eu interpreteína coma "estade tranquilas, estou ben".

Decatéime dos grandes amigos que tes, as portas que deixaches abertas, asi coma facer recapacitar a moita xente, coma ti decías:"Nunca é tarde si a dicha e boa". Asi eras, pai, os cabaleiros notanse. Viviches a túa maneira e a da nai, coma dicía Confucio: "Aprende a Vivir e sabrás Morrer". Lémbrome dunha pequena conversa que tivemos ti é máis eu, diséchesme que era unha gran filla; non pai, ti si que fuches un bó pai, o que mamei así o transmitín. O que verdadeiramente ensiñachesme son os valores que débese ter coma persoa, acostumabas a dicir unhas verbas de Séneca: "Prefiro molestar ca Verdade que complacer coa Adulación", así eras.

Gracias a todas esas persoas que te lembran, e de que maneira te lembran! Estou moi orgullosa de haber tido a un pai coma ti e de haberme ensinado tanto. Eu sei que che gustaría vernos ledas, coma ti eras, e o vamos a facer por ti!, coma ti fixeches tanto por nos. Xamás podrás desaparecer das nosa vidas.