Cartas al director

Agora

Agora é o momento de fuxir da nosa pel. É o momento de reinventarnos a nós mesmos e reinventar tamén o noso mundo. Agora é cando temos a derradeira oportunidade de cambiar a nosa dirección e de ter a última palabra nesta disputa co noso destino. 

Agora temos que alonxarnos de todo o que críamos que era parte de nós, deixar atrás os nosos costumes e facernos por unha vez donos das nosas accións. Agora é o intre no que comezan a esclarecer trazos do que críamos olvidado. É agora cando nos decatamos do lonxe que estamos do que adoitabamos a ser, dos quilómetros que separan a nosa mente do que recoñecíamos como o noso corpo. 

Agora, máis que nunca, aferrámonos ao pasado sen saber ben que facer; sen saber onde nos atopamos nin quen somos. Agora derrúbase todo o que construiramos, por culpa dun tsunami chamado Dúbida, que acabou con todo ao seu paso. Xusto agora convertímonos en vagabundos, perdemos o teito que nos servira tanto tempo de refuxio, e facemos da rúa Perdición o noso novo fogar. 

E agora, que as forzas nos traizonan, que nos perdemos no reflexo do espello, que descubrimos os novos ángulos das nosas vellas faccións e que nos quedamos indefensos ante o futuro; é agora cando comezamos a querer tomar as nosas propias decisións. Sinto decirche que quizais xa é demasiado tarde, que algúns dos trens que xa abandoaron a estación non voltarán, que hai cousas que non se poderán rectificar e que o noso camiño permanecerá incerto.