Cartas al director

Educar na non violencia

O caso de EEUU é paradigmático. A contumaz reiteración de episodios de violencia contra cidadáns pacíficos e indefensos ( sobre todo estudantes), debería suscitar unha búsqueda de explicacións que de momento a sociedade americana e os seus responsables políticos non queren ou non saben atopar. O sucedido en Roseburg é unha area máis na inxente duna que supón os milleiros de mortes por armas de fogo nese país: máis de 300.000 nun período de 10 anos

Parece obvio que (loucuras, depresións ou búsqueda de notoriedade aparte) algunhas das causas fundamentais de tal comportamento radican na ausencia dunha verdadeira liña educativa baseada na non violencia, na educación nos valores da convivencia pacífica. Se a esto lle engadimos outros aspectos relacionados como a valoración excesiva das ideas de forza, valor e poder por enriba de todo, así como a permisividade para mercar, portar ou disparar armas, atopámonos co caldo de cultivo excelente para tales comportamentos.

A insensibilidade que ante tales atrocidades amosa a meirande parte da sociedade norteamericana debería facer reflexionar aos seus dirixentes e educadores para que o esperpento non se perpetúe indefinidamente. Cando a liberdade individual está por enriba de todo, as consecuencias que delo se derivan son moi previsibles e non precisamente positivas.