Cartas al director

Sr. alcalde, faga o favor...

Eu non sei se estamos nunha cidade sen lei, unha cidade de cás, ou pa qué queremos a policía local ou ós representantes do pobo.

Agora dáselle ós ciclistas por apropiarse das beirarrúas, deixando as propias rúas para os outros vehículos. E se lle chamas a atención, exposte a que che respondan de mala maneira, ou recibas algo pior.

Os cás campan ó seu aire: cagan e mexan nas beirarrúas, andan soltos o sen bozal, co peligro que eso supón. Antes había carriños con nenos pequenos. Agora parece que é máis doado ter un can ca un fillo. Esí nos vai.

Agora moi poucos utilizan os intermitentes, nin para estacionar no medio da rúa, nin para saír dun estacionamento. Nin xiquera a policía local, que debería dar exemplo. 

Hai xente que aparca no paso de peóns, e quedan tan panchos, sen nin xiquera poñer os intermitentes.

Ubinam gentium sumus? -dirían os antigos. Xa non hai respeto nin educación. 

As leis están para ser cumpridas. Pero se non se esixe o seu cumprimento, de nada serve telas. E os responsabeis de facelas cumplir son as autoridades municipais.

Con todas estas lerias acábaseme a paciencia, e quítanseme as ganas de saír á rúa, porque para min é un insulto abusar dos máis indefensos, dos máis pacíficos, dos peatóns. E, se seguimos por iste camiño, mal nos vai a todos. Urxe, pois, poñerlle remedio.