Cartas al director

Morrer

Non creo na política. Nin nunha nin na outra. Nin tampouco no político. Son un tipo inxenuo. Incluso ás veces son capaz de sorprenderme pola miña inxenuidade. Mais unha cousa é ser inxenuo é outra parvo. Habitamos e cohabitamos no século XXI. E de cando en vez miramos para o deixado atrás e estamos convencidos de que o noso discorrer foi e está sendo o mellor. E pode que sexa verdade. E pode incluso que nolo crea- mos. As expectativas chegan a nós como os cacahuetes lles son botados aos monos. Escouchámolos e devorámo- los encantados e felices por vivir no mellor dos mundosposibles. E mentres os cacahuetes nos seguen caendo, a porta da gaiola continúa pechada. Sendo as mesmas mans as que fan unha cousa eaoutra. Nada é o que semella ser. Incluso nin morrer dignamente nos está permitido. E se iso non é posible, non falemos xa de vivir. Es- tamos cando nos convén e cando non tamén sabemos non estar. E tamén sabemos mirar cara a outro lado cando os ollos de quen non nos convén nos buscan con ur- xencia e necesidade. Morren no mar. E nas esquinas. Morren rebentados. E queimados. Morren famélicos. E consumidos. Morren. E o noso día a día segue.E xa nin sei se de verdade somos afortunados por iso. E incluso non sei se estariamos preparados para sabelo. Aínda que o certo é que creo que iso a ninguén lle importa.