Cartas al director

Barafunda

Descoñezo cando nin onde comezou a entenderse o barullo como algo inherente ao noso andar diario. nin tampouco sei se ao mellor é debido a que esta histeria habitual forma xa parte do noso ideario colectivo. É así. E punto. Que é como se explican aquí a maioría das cousas. e che- gados ata aquí, o certo é que xa non queda refuxio posi- ble onde acubillarse. en calquera recuncho que poidas traer ao teu maxín habita o barullo. Paseniñamente foise apoderando de todo e todos o fomos asumindo como algo natural. incluso me atrevería a dicir que o silencio foi arrebatado, cando non secuestrado, por esa forza emerxente e cada vez máis poderosa. calquera lugar sen barullo non é lugar. calquera lugar público sen barullo é unha utopía. Unha ilusión.

Ignoro se existe terapia ou antídoto para este tipo de mal. dubídoo. pois aínda a día de hoxe hai males que semellan non ter cura. Como tamén sorprende que a día de hoxe algunha xente non teña lugar nin espazo posible no que poder atoparse .