Cartas al director

A golpes

Dixéranlle que así tiña que ser. Que o importante era gañarse a vida. Digna e decentemente. E cada noite ao rematar o día chegaba á casa con golpes por todos os lados. Pero era así. Dixéranlle. E non entendía. O que si era certo é que el adiante conseguira saír. E vivir vivía. Coa importancia que a cousa ten por si mesma. O cal non impedía que as fe- ridas cada vez foran máis abundantes. E o que tampouco impedía que seguira sen entender. E sen atopar a alguén capaz de explicar. De explicarlle. De por fin facerlle entender. De que se trataba? Que aceno debía manifestar para que entenderan? Cal sería a distan- cia adecuada? Debullaba. O peor era a dor.Adorde saber e saberse na certeza de que quizais mañá, ou como moito pasado mañá, o golpe chegaría. E con el as consecuencias non caviladas. Despois asomarían os laios. Ou non. Ou quizais o golpe viñera acompañado de respecto. E da distancia necesaria. Esa que a maioría ocupa porque se cre co dereito estúpido e violento de invadir. Será quizais tamén despois do golpe cando el comece a entender. E a camiñar cos cóbados ocupando o seu espazo natural