Cartas al director

Unha señora moi borde

"Vaya con la señora esa. La que acaba de entrar en el edificio. Que borde. No acaba de decirme que por qué no llevo a mear al perro a mi portal. Lo que hay que aguantar". Isto foi, palabra por palabra, o que un fillo xa metido en anos lle dixo nunha céntrica rúa de Ourense ao que seguro debía de ser seu pai. Que tamén ía turrando doutro cadelo. Ou vicevesa. E o artista das palabras, o iluminado do momento, non cabía en si de indignación.