"Panicidio" en Parderrubias

"Panicidio" en Parderrubias

No mesmo lugar onde o desenvolvemento industrial,  coa aparición da luz eléctrica, conseguiu que deixara de dar voltas a moa do muiño do tio Evaristo, 70 anos despois, o mal funcionamento das Administracións van silenciar os rolos dunha panadería ao ter que executarse unha orde de derrubo. Lugar maldecido para a procura do pan, as pedras do muiño xuntaránse cos cachotes da panadería.

Se de literatura se tratara, sen dúbida algunha, poderiamos titular os feitos como “Crónica de una muerte anunciada”, obra do excelso escritor Colombiano e premio nobel de Literatura Gabriel García Márquez e considerada, por moitos, como unha das mellores novelas endexamais escritas. O día 1 de outubro ímos asistir en Parderrubias a execución, por aplastamento, da panadería dun veciño de adopción. Ese día no lugar coñecido como “muíño vello” non so van quedar un montón de cachotes amoreados, senón que quedará tamén soterrados os soños, a facenda dun emprendedor e o posto de traballo de varios traballadores. 

E certo, e así debe ser, que os cidadáns debemos cumplir as leis e asumir as nosas responsabilidades no caso de non facelo; pero non é menos certo que aqueles responsables de velar polo seu cumprimento teñen a obriga de dar exemplo, informarnos e poñer ao noso dispór os mecanismos necesarios para que os feitos non reviren na nosa contra. Todo o contrario do que aconteceu e está a acontecer no Concello de A Merca a nivel urbanístico. Aquí, aínda que fai máis de 12 anos que se conta cun plan urbanístico,  os seus dirixentes estiveron e están instalados na cultura do “ti vai facendo” que maloserá,  se non hai denuncia por nos non pasa nada. Esta cultura arcaica, caciquil, inxusta e discriminatoria xa lle ten dado mais dunha dor de cabeza ao Sr. alcalde, o cal faoi condeado recentemente en sentenza firme por un tema urbanístico de semellantes características. 

Pódese decir, utilizando un símil médico, que o urbanismo no Concello da Merca ten exceso de colesterol malo. Comézase acumulando graxa (”ti vai facendo”); non doe (ninguén presenta denuncia); co tempo fas analítica (expediente sancionador); por último rachan as veas (orde de derrubo), e todo isto, a pesares de que, o grupo municipal do PP da Merca conta con 3 médicos en nómina. So queda agardar que a veciñanza nas próximas eleccións os poña a dieta.