Cartas al director

Obituario: Deica logo, Xosé Luis

Coñecinte cando viñas algunha vez á Academia Bóveda de teu tío que era o director. Viñas do colexio de Madrid onde estudabas. Logo xa maiores tí e máis eu fumos bos amigos. Tí andabas moito arredor de Beiras e eu tamén andaba metido no lío da clandestinidade política.
A sin razón de uns e o agochamento de outros levaron ó fusilamento do teu país, que foi un mártir da nosa Galicia irredenta; il loitaba no por se separar das Españas, senón porque a nosa terra tivera un goberno de seu, xunto a Castelao, Otero,...

Levábamos tan ben que sendo eu conselleiro de El Correo Gallego, nomeite corresponsal dise xornal eiquí en Ourense. Despois por razóns de saúde e tamén de traballo estivemos distanciados, mais endexamáis deixamos de nos apreciar. Agora chegou o teu pasamento, e quero rematar estas breves mais sinxelas liñas cos rosalianos versos: "Cand'antr'as naves tristes e frias / D'alto mural, / Cal elas fria, cal elas triste, / Ô ser d'a tarde vou á rezar, / Que pensamentos loucos e estraños / A miña mente, veñen e van/".

Deica logo benquerido Xosé Luis Bóveda, a beira de Deus co teu pai agardarás por min e paloraremos da nosa terra sen irredentar.