Cartas al director

O Concello de Melón deixa sen luz á aldea de Vilaverde

Dende principios deste ano 2016, os veciños de Vilaverde, no Concello de Melón estanse vendo afectados pola falta de luz nas rúas da aldea. O problema consiste en cortes continuados do alumeado público, encendéndose e apagándose cada 10 segundos. Dito problema acentúase coa chegada do inverno e a consecuente diminución das horas de luz, o que pon en perigo a integridade física dos veciños, na súa maioría de avanzada idade. Dende o Concello fan caso omiso ás peticións, tanto dos veciños, de forma individual, como da asociación que os representa de poñer fin a este problema.