Cartas al director

Eustaquio Puga

“¡Qué difícil es cuando todo

baja no bajar también!”

(Antonio Machado)

 

Acabamos de despedir no cemiterio das Caldas ao Dr. D. Eustaquio Puga. Sabendo da dificultade que temos para definir a un home singular, e Eustaquio o era, penso que a súa singularidade radicaba no seu carácter de home rebelde. Compartía con Paulo Freire a idea de que nós nos afirmamos non na resignación, senon na rebeldia diante das inxusticias. Sabía, con Camus, que o rebelde e un home que di non: pero que negar non é renunciar; a rebeldía, se é sinceira, debe ter como compañeira a idea de que un, dalgún xeito, ten razón. Eustaquio Puga posuiu ao longo da súa vida ese saber estar dos rebeldes que entenden que a acción e o compromiso coa vida é preferible á indiferencia apática .

Era un home amante dos libros. Aquela trastenda da Librería Tanco era o seu santuario. Alí acudía en busca desa sabiduría dos libros. Con Antón Tovar e con López Cid buscaban esa verdade que se oculta, sendo fiel a filosofia machadiana: “Tu verdad no, la verdad y ven conmigo a buscarla”. A súa rebeldóa levouno a practicar unha medicina de corte humanista, cumplindo coa máxima de Protágoras: “O home é a medida de todas as cousas”. No consultorio, ao ruar por Ourense, na casa, cos amigos, foi quen de despregar una mistura única de paciencia, forza e sentido do humor, ate o facer un deses homes irrepetibeis. Socialista e galeguista, soupo levar inscritas na pel esas verbas que definen a súa ética existencial: liberdade, igualdade, fraternidade.

Nun momento histórico, no que España era un cemiterio de liberdades e paraíso de ilusións, xunto con outros moitos (C. Guitian, Salvador Rey, Carlos Martinez) tenta dar cumplimento a tais ideas a través do PSG, partido de corto percorrido, pero de profundas convincións republicanas. E mentras o mundo foi persistindo nos seus desatinos, Eustaquio, fose na familia, doentes, compañeiros e cidadáns, entregou competencia, conversación, cariño e sabiduría, porque sabiase home rebelde que tiña toda a razón do mundo en o facer asi. Ese home non sería posible sen a súa compañeira Conchita Muñoz e ambolos dous trasmitiron ese espíritu rebelde os seus fillos Tacho, Conchita e Sindi. Descansa en paz, compañeiro e amigo.