Cartas al director

Para os valentes o futuro e a oportunidade

Dicíanme non hai moito que todos somos conscientes de que os que actualmente nos gobernan son os que teñen que seguir estando porque, aténdonos ás súas declaracións, sen eles non somos nada. O que mo dixo foi o meu amigo "camareiro melancólico", cun gran sentido do humor.


Todos os días que sales á rúa ves persoas pedindo porque non teñen nin traballo nin diñeiro, e piden para poder manter os seus fillos. Algúns non o ven así: “Se está creando empleo en nuestro país: en 4 años, habrá 20 millones de personas que tengan trabajo. Este país ha dado un paso hacia delante y no reconozco el país de que me habla” (M. Rajoy).
É evidente que os que saímos á rúa todos os días si vemos o país que temos. Como di Rajoy “España no tiene nada que ver a como estaba hace años”. Por unha vez, estou de acordo. A España actual está bastante peor e ademais non parece que con eles volvamos recuperar o que nos recortaron en educación, sanidade, salarios, dereitos e así un longo etcétera.


É evidente que pretenden manipularnos para que creamos que sen eles non somos nada e perdamos a nosa capacidade de reacción ante a actual situación. Debemos ser obxectivos, caos nosos votos temos a capacidade de elixir a aqueles que realmente nos representen e defendan os nosos intereses por enriba dos propios e os dos seus partidos. As ñequizas xa apuntan neste sentido.


Recuperemos a nosa dignidade, manténdoa por enriba do nivel do medo e manifestemos o noso máis absoluto desprezo ás súas promesas. Somos a maioría social, xente honrada, e sen eles conseguiremos retornar ás cotas de benestar de antano.
Sexamos valentes: cambiemos “Lo malo de nuestro tiempo es que el futuro ya no es lo que era” (Paul Valery) por “El futuro tiene muchos nombres. Para los débiles es lo inalcanzable, para los temerosos lo desconocido, para los valientes es la oportunidad” (Víctor Hugo)