Cartas al director

O IBI e outros impostos en Xinzo de Limia

No Concello de Xinzo de Limia, con máis de 10.200 habitantes, os recibos que nos cobran polo IBI urbano parécenme un atropello, que non se pode xustificar de forma algunha.

Todos sabemos que dende que empezou a crise tódolos inmobles baixaron o seu valor e nembargante os recibos da “contribución” subiron de xeito desproporcionado, e este non afecta so a uns poucos cidadáns senón a miles, todos aqueles que posúan bens desta natureza.

Por poñer algún exemplo: un inmoble do rural que no ano 2005 o seu valor catastral era de 37.536 euros con tipo de gravame do 0,40, pagaba 150,10; euros no ano 2015, despois de sucesivos incrementos catastrais, o inmoble ten una base impoñible de 86.570 euros e logo das subidas do IBI por parte do Concello de Xinzo, dende o ano 2010 que pasou do 0,41 o 0,59 ,no ano 2015, o mesmo inmoble paga 484. Parece lóxico entender que si os prezos das vivenda están a baixar tamén o fixeron as valoracións por parte do catastro, e o mesmo por parte do Concello, baixando ou reducindo a porcentaxe a aplicar.

Cos recibos do lixo pasa outra cousa inexplicable: estase cobrando 44,95 euros por recibo en casas que non poden ser habitadas, apesares de telo demostrado por escrito, co argumento de que si ten auga enganchada estamos obrigados a pagar o recibo, aínda que o lixo o xenaran os veciños e non a auga, haxa ou non consumo.

Outro recibo que tamén se cobra, o da auga, 9,99 euros aínda que exista 0 m3 consumidos, e non parece lóxico cobrar a tantas casas que están deshabitadas.

Por último, dicir que hai moitas parcelas de natureza rústica, como o demostra o título de propiedade, que estamos pagando unha parte como urbana e outra como rústica, e sen contar cos servizos que debe ter unha parcela para ser urbana e poder construír nela.

Seria de xustiza que o señor alcalde fixera que se revisaran tódolos impostos e taxas que se pagan no Concello de Xinzo, xa que comparados con outras vilas, son escandalosos, e máis para ter o pobo sucio, vello e atrasado como o temos.