Cartas al director

Podemos Galicia, en vías de extinción

Non fai falla ser moi intelixente para ver que, logo da baixa participación nas eleccións (só votaron 3.172 inscritos dos máis de 25.000) que se celebraron o pasado día 25 de Outubro nesta formación, co fin de elixir ao novo secretario/a xeral en Galicia, queda claro que a xente está máis que farta, de que desde Madrid, siga mandando o sr. Iglesias, e como di aquela rancheira “E a miña palabra é a lei”. Os meus respectos á sra. Carolina Bescansa, o motivo, moi fácil: polo menos deixou claro que se vai e non quedará a chupar do bote, como fan os estómagos agradecidos colocados en lugares estratéxicos, como sempre polo líder supremo dende Madrid, mellor dito dende o búnker, que agora ten, nos arredores da capital. 

O certo é que eu fun un de tantos que vin a Podemos como unha esperanza, dado que os políticos/as deste país, deixan moito que desexar, motivos sobran: corrupción, mentiras, falsas promesas e unha infinidade de cousas que seguramente faría falla un libro enteiro para poñer todos. Aproveito a ocasión para dicir que as famosas Mareas (En Marea) seguen o mesmo rumbo, Villares, cada día máis cuestionado, mentras o sector crítico aumenta cada día que pasa.

A reflexión é, onde van ir tódolos votos que perderán Podemos e as Mareas?, eu sinceramente penso que ao BNG (Bloque Nacionalista Galego), que nas pasadas eleccións galegas, moitos apostaron a que desaparecería do mapa político, máis non foi así. A nova secretaria Ana Pontón, sorpresa, sacou 6 deputados/ as, quizais está vez volva dobrar os escanos. Unha cousa está clara, Feijóo volverá ser presidente outra vez e con está xa serán tres.