Cartas al director

Torra, a "pensión vitalicia" e os orzamentos....

O certo é que, parándonse a reflexionar sobre o que está a pasar en Catalunya, ver como o teatro dos políticos/ as que alí “gobernan”, e que a inmensa maioría pertencen á burguesía xa que, excepto a CUP, tanto ERC e como Junts per Catalunya representan á mesma. Ao final o señor Torra seguirá xogando ao rato que che pilla o gato, tanto co Goberno central e cos socios da CUP, dará unha de cal e outra de area, facendo teatro e máis teatro, xa que é consciente do que se xoga e non ten pinta de mártir. A el o que lle vai é a boa vida e é que é un bo alumno, non hai máis que ver ao mestre, Carles Puigdemont, que para sorpresa de todos anunciou fai un par de días a intención de ir candidato ás eleccións europeas. Si señor, e é que a boa vida non se pode deixar escapar, e a seguir chupando do bote. Mesmo reclama ao Tribunal Constitucional (español …), que o habilite de novo mediante un recurso, debido a que sobre el pesa unha suspensión como cargo público, mentres Oriol Junqueras xa leva en prisión desde o 2 de novembro do 2017 e os demais compañeiros/as que non fai falta nomear, xa que dabondo sábeno o ex e o actual presidente catalán. E é que o señor Torra só ten que seguir así e moi pronto terá unha boa paga vitalicia, como ex presidente de Cataluya, con tódalas grandes vantaxes que comporta a mesma, por iso que segue no xogo, que ninguén se engane. 

É difícil facer un pronóstico do que pode suceder en Catalunya, pero unha cousa está clara, se os orzamentos que nestes intres están a debaterse no Congreso non saen adiante, é moi fácil que teñamos eleccións anticipadas e é case seguro que non sairán, sobre todo despois de ver a forma de repartir o diñeiro, e é que ninguén quedou contento, xa que os fondos destinados a Cataluña medraron un 51 por cento e Andalucía un 43 por cento. Pero nin os mesmos cataláns que levaron o premio gordo, están contentos, mentres o investimento baixa en Galicia un 19% ata os 757 millóns e obviamente é de imaxinar que votarán non todos/as os deputados/as galegos/as, tanto de dereitas como de esquerdas. 

En fin imos ver que pasa, a min, en particular dáme un pouco de medo, pero como cantaban en Portugal no ano durante o levantamento do exército o 25 de abril de 1974, que empezou soando na radio cunha canción de José Alfonso “Grândola, Vila Morena” unha das súas estrofas dicía “o pobo é o que máis ordena” naquel momento censurada pola ditadura de Salazar. Eran outros tempos, iso agora mesmo é moi difícil que suceda, pero como di o refrán “máis vale un malo coñecido, que un bo por coñecer”. Só hai que lembrar o que sucedeu durante os mandatos do señor Aznar, e é que o que vai vir é Aznar pero con tres cabezas... (PP- Vox-Cidadáns ).