Cartas al director

Na feira do 21 non se pagan arbitrios!

Si, tal como lees, na feira do 21 non se pagan arbitrios, esas taxas que se impoñen por un servizo público determinado.

No Boletín da Provincia do 29 de setembro de 1926, publícanse as bases propostas pola Comisión Mixta dos Concellos de Canedo e Ourense, para a fusión de ambos municipios limítrofes. Nestas bases,  no seu punto cuarto fala sobre os bens, aproveitamentos, usos públicos e comunais da cada unha das parroquias, e que esta,  continuarán sendo propiedade dos respectivos pobos, correspondendo unicamente ao Concello a súa inspección.

Asimesmo, e según estas bases, publicadas no devandito boletín, que copio literalmente, no referente aos pobos de Canedo:  “Se respetarán sus costumbres y tradiciones mientras se ajusten a las leyes, sus mercados y ferias, especialmente la llamada del 21, cuyo campo se arreglará y siendo posible se eximirá del pago de arbitrios”. Firmado el 21 de septiembre de 1926 por el alcalde de Canedo, C.Añel.

De este xeito se recollía esta particularidade do Concello de Canedo que deixaba libre tránsito de mercancías, mentras que o seu colindante, Concello de Ourense,  tiña fielatos na entrada da cidade, na ponte romana, para pagar un arbitrio, por pasar a mercancía para vender na súa feira.